O PATRIMONIO OCULTO DE GALICIA EN DEZ RUTAS QUE TE NAMORARÁN

A idea de Galicia asociase co verde, coa auga, un mar
embravecido, o son da gaita e algúns elementos patrimoniais tan
recoñecidos como a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules ou
a Muralla de Lugo.

Pero hai moito máis que Galicia ofrece e está por descubrir, pois é
unha terra de pequenas vilas que albergan as súas propias xoias
tanto artísticas coma etnográficas: pequenas igrexas (moitas delas
xoias do románico) pertencentes a antigos mosteiros na máis
recóndita paisaxe rural, as súas eiras e muíños que parecen detidos
no tempo, castros e petróglifos que nos levan a imaxinar a vida dos
nosos máis remotos antergos, castelos e fortalezas aínda en pé que
nos transportan á magnificencias doutros tempos.

Perderse na Ribeira Sacra ou no Ribeiro e coñecer unha parte do
seu patrimonio relixioso, que é inmenso, coñecer algunhas das
meirandes concentracións de hórreos de Galicia, dar un salto no
tempo e coñecer castros ou dolmens tan impresionantes
como Santa Trega ou  Dombate …

Estes son só unha pequena mostra de todo o que hai por descubrir
en Galicia dese Patrimonio Oculto.

E para facilitarche a tarefa, desde Turismo de Galicia propóñennos
dez rutas diferentes polas catro provincias; dez opcións a realizar
nun, dous ou tres días. Son itinerarios que van desde os 17
quilómetros o máis curto (do Saviñao a Parada de Sil), ata os 189 o
máis longo (de Lugo a Foz). Podes atopar información polo miúdo
de cada un deles en Patrimonio oculto – GALICIA (turismo.gal)